Empezamos cos proxectos rematados, a chaqueta
Vine Yoke de Ysolda rematada :) e moooooi contenta co resultado. E tamén xa está fóra das agullas o chal
Echo Flower da deseñadora Jenny Johnson Johnen
Pero xa teño montados nas agullas outros dous proxectos novos pero que van para tempo... son unha chaqueta inspirada na
Featherweight de Hannah Fetting. Estou adaptando os dianteiros que me parecen moi estreitos e a banda moi ancha. Tamén tecerei o corpo e as mangas máis longas...
E destes novelos está a medrar un
Paper Dolls de Kate Davis, ao que seguramente lle trocarei o deseño do canesú, no canto de bonecas pode ser que leve uns
Totoros ;)
4 comentarios:
Que artistaza eres! ;P
Hermosa la chaqueta! y ese chal te ha quedado espectacular!
muy bonitos los dos trabajos!
un beso ^.^
Xusto xusto a pesopluma e a papeldolls con totoros son dous patrons que quero facer dende fai tempo. E cas mesmas modificacions! (bueno, mailo borde a punto bobo, porque coido que a punto inglés cause enrolar demasiado)
E para a paper-totoro estoy agardando a face-lo próximo pedido de malabrigo socks, que ainda non temo claras as cores.
O chal é espectacular, vendo o patrón non pensaba que quedara tan ben. A chaqueta sí que me tiña pinta que era preciosa :-)
Bicos e que teñas boa espera
Eu tamén lle vou engadir puño nos remates dos dianteiros e por abaixo que non quero que enrosque
Publicar un comentario