Onte para superar unha crise emocional baixei a darlle un repaso ao bazar chinés de aquí ao lado... e que había ali? unha flamante pistola para facer galletas (vinte deseños diferentes e tres boquillas)
Non puiden resistir estreala hoxe mesmo... despois de consultar diferentes receitas fixen unha adaptación
desta poñendo a metade de todas as cantidades. Pero a textura que me saiu non valía para traballar a masa polo que engadín algo de fariña a ollo ata que a masa deixou de pegarse na espátula.
Moooi ricas :P