Para a neniña, é adaptado
deste patrón acurteino e modifiquei a forma de abotoar, fíxeno completamente aberto por detrás para que fose máis doado de poñer. Teño que perfecionar a miña técnica de cosido de prendas que deixan o punto bobo cara o dereito, non se me da nada ben.
Os botonciños para lle poñer son dun tono malva-rosado que lle vai moi ben e agora vou tecerlle uns pantalonciños, e seguramente adapte
este patrón.
Pero tamén ando con cousas grandes, aquí o comezo do Clapotis, patrón famoso en ravelry,
17028 proxectos neste mesmo intre. O patrón está publicado na revista
Knitty.
4 comentarios:
Nenaaaa, vas a fume!!!
Eu non che alcanzo
preciosa la chaquetita!
un beso
gracias romi!
Fíos veá anímate co clapotis :) é moi entretido
Me encanyo su blog.Saludos Celia
Publicar un comentario