Unha mantiña, o patrón aqui, tamén se pode descargar e ver máis proxectos deste patrón na súa páxina de ravelry. O orixinal é moi chulo para facer para un neno, pois semella a arañeira de Spiderman.
É sinxela e doada de tecer, o que se fai cansado é que canto máis teces máis tempo leva dar unha volta, chega a ter uns 800 puntos... (fíxena un chisco máis grande do que sinala o patrón).

E aquí un gorro para Aldariña, a miña primeira incursión no fair isle. Sorprendida gratamento, ao pouco de tecer, e case sen decatarme, estaba tecendo cada fío cunha man... O patrón aquí e máis fotos, detalles e proxectos deste patrón na súa páxina de ravelry.


2 comentarios:

Fios e lás dijo...

Moi chulo raiña!!

Romi-damelalata- dijo...

muy bonitos trabajos!!
un beso!