Que que tarde tan estupenda pasamos, gustoume moito quedar con vos, preséntovos a Sun arriba, e a Nani, Suntropía e Fios en ravelry. Sun comezou un proxecto novo, o magnun capelet,  nunha la cor vermella que daba ganas de darlle un bocado e ao que bautizou cherry capelet. Adiviñades por que?
a que non vos enganaba co de darlle un bocado...?

Nani estaba a tecer uns patucos con forma de botas converse all star superchulos, coma estes que ten no seu blog pero en cor turquesa, son chulos eh!!



e finamente aquí estou eu, jeje! pelexándome co puño da manga que lle falta á miña  sabbatical

E para rematar tanto Sun coma min íamos lucindo prendas saídas das nosas mans ;)
Sun, quedei prendada da túa Hobo ... algún día tecerei unha...

0 comentarios: