pois si, teño unha roda de fiar, spinning wheel, spinnrad ou como lle queirades chamar... ven dende os Paises Baixos, despois dunha "longa e interminable" espera (a verdade é que non tardou tanto como a min me puido parecer) xa está aquí para que eu poida aprender a fiar con ela... penso que de nome vai quedar como Ariadne non sendo o caso que me veña outro mellor á cabeza... porque iste non é moi orixinal.
Traía sorpresa con ela , vedes a bolsa de vasura negra detras da roda no fondo da sala? pois está chea de la sen preparar, olorosa e cheirenta la que fede a cortello pero que en canto poida voulle pegar un bo lavado e intentarei peiteala un pouco ainda que sexa con cepillos para cans...
Pois xa lle estou dando ó pedal, aconsellan comezar practicando o movemento do pé ó tempo que fas outra cousa, é como coser na máquina da miña nai, desas de roda e pedal.
Adiviñade que pasou coa caixa na que viña embalada...
GRUPOS CONSONANTICOS (Galego)
Hace 4 años
5 comentarios:
Felicidades!!!
Se ve preciosa!!
;-)
Uauh! Qué envidia! ;D
Ana
Felicidades por tu nueva adquisición!
Uala! Que chulada! Xa contarás que tal van os teus avances, eh?
gracias rapazas!!
Tartaruga non o dubides, mantereivos ó tanto ;**
Publicar un comentario