Si, ese vai ser o nome da miña roda de fiar e creo que nos imos levar moi ben. O nome ven como xeito de dar as grazas a
Sunsun que me axudou a dar coa roda e, agora, dende Barcelona e a través de
ravelry, está a me axudar para que aprenda a fiar (rima e todo).
Para probar a fiar usei un top de merino rosa chicle que mercara en
Forest fibres hai tempo para aprender a fiar co fuso, de feito parte dela leva fiada no fuso dende hai algún tempo. Prometinlle a Aldara que está la se convertiría nunha diadema para ela, así que calquera día me poño con iso como é algo rápido.
Mentres tamén sigo co
sylvi, teño as mangas, a espalda, o dianteiro esquerdo completo e outro a medias. O dianteiro dereito vai máis despacio porque modifiquei o patrón para engadirlle unha flor e unhas folliñas.
3 comentarios:
qué genial Beatriz! Ya tienes el Sylvi casi listo :))
Seguro que pornto aprenderás a hilar, porque Sunsun es una maestra!!
saludos desde Buenos Aires con 38 grados :P
ya voy algo más de la mitad del esquema de la capucha ;D tengo unas ganas de acabarlo...
Esa lana se ve perfecta! ya lo creo que se te va a dar bien tu relación con la rueca! muchos ánimos!
Publicar un comentario