coñeciádelo?, hai unha alternativa galega, do Caurel e dos Ancares e o Pandigueiro dende a Terra de Trives, ó gordo de vermello... visitaba os nenos o último día do ano e tocáballe-la barriguiña para ver se comeran ben, e desexáballes que estivera así todo o ano, deixáballes castañas ou cousas feitas a man...
Galicia encantada
vieiros da escola
o apalpador
feisbuc
feisbuc
wikipedia
artigo da Voz
aínda que tamén ten detractores aínda que os argumentos que propón son facilmente refutables...

"Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.

O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame.

O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutas partes do planeta." Artigo extraído de Vieiros da Escola


0 comentarios: