Achégase o día dos defuntos e comezan a aparecer cabazas e bruxas por todos lados, e disfraces, e maquillaxe, e... e todo co forte tufo do poderoso conquistador (léase EE. UU.).
Por que nos vai máis o de fóra cando as veces o temos preto de nós? Supoño que polo de sempre, que pouco a pouco as culturas con máis poder económico e mediático pasan por riba e van asoballando... coma se fosen o cabalo de Atila, e xa sabemos todos o que lle pasaba á herba que pisaba...
Deixo un enlace á wikipedia sobre o Samhain, interesante, va que si? Tendo unha cultura tan rica porque deixarnos levar pola entroidada doutros, ademais xa temos outra festa para vestirnos de entroido en febreiro ;)
GRUPOS CONSONANTICOS (Galego)
Hace 4 años
0 comentarios:
Publicar un comentario