Teminei unha puchiña para Aldara e na que teña un ratiño remato a de Alia. Si, si, si... xa sei facer gorros, son moi sinxeliños. Estes están feitos con agullas circulares do 5 para o gorro e do 4 para a visera. A lonxitude do cable, 40cm (incluídas as agullas). Son de lana ecolóxica que merquei en Bebes Naturales e o patrón está baseado no kiddie cadet que atopei no ravelry. Estou algo sorprendida de min mesma, comezo a enterarme cos patróns en inglés, a viseira resistíaseme pero coa axuda das rapazas do ravelry saiu finalmente.
O Buttony tamén avanza. Cheguei á sisa e separei as mangas. Estame gustando o resultado, polo momento... gústame como vai cambiando a cor da lá segundo a vas tecendo. Ten unhas cores que me lembran ás cores do outono, do monte, da terra, dos piñeiros, dos carballos...

2 comentarios:

Anisor dijo...

¡Que bonitas! A visera ten un soporte ou algo que lle dé forma, non? Encántanme os nomes das tuas nenas, de Alia nunca o oira, é precioso.
Biquiños

...triz dijo...

A viseira manténse soa, está tecida en voltas acurtadas cun número menos que o resto da pucha para que teña máis consistencia.