tiña unha lá de alpaca dende fai alomenos un ano e por fin lle dei utilidade, non me saiu tan longa como quixera pero é que só tiña unha madeixa. É moi, moi, moi suave... o único defecto que ten é que solta pelo... así que terei coidado coa roupa escura.
Facer esta bufanda deume moitas ganas de facer un chal, irei buscando un patrón que me namore. Pero mentres tanto teño xa outras ideas na cabeza e estou enredando a facer uns gorros, xa están avanzados... prometo noticias.
0 comentarios:
Publicar un comentario