Agora dáme por facer pan, sae moi bo. Merco a fariña preparada xa con lévedo e a verdade é que dun tempo a esta parte xa non o mercamos na panadería... Unha bóla dura case a semana enteira, e o mellor de todo é que tarda moito en se poñer duro, cando o normal no da panadería é que o día a seguir só vale para sopas.
Gustaríame ter mais tempo para fozar e facer tartas e cousas desas, pero entre o traballo, as nenas e os libros o tempo non rende o que a min me gustaria. Unhas horiñas máís no día non viñan nada mal... aínda que esas horas estaría ben durmilas, ás veces non sei como non toleo... tiña ganas de "ir de compras" con isto refírome a simplemente ir a pasear ao parque coas nenas, pero é que por riba a chuvia non axuda... algunhas malas novas tamén me ocupan o pensamento.
Non pensedes que por riba do pouco tempo que ten pérdeo amasando pan, pero non vos preocupedes tanto por iso, teño un deses robots de cociña que o fan por ti, amasan, levedan e logo cociñan, unha marabilla de invento dende logo.
1 comentarios:
e tan bo... mmmm
Publicar un comentario