Préstame, chuvia, as túas palabras
e ti,vento, as ideas tan longas.
Déixame o teu rezo breve, río,
e ti, neve, a cortiza da bidueira.
Acouga ao norte, crepúsculo de musgo.
Pisadas
Quebra o mundo como asa de garza.
Acúdeme, lóstrego.
Ponte de man, verde espada.
Cúbreme, néboa.
Coidémonos. Ven xente
Manuel Rivas
O pobo da noite (Ed. Xerais)
2 comentarios:
Ola chámome Javier e fixen un videopoema de Manuel rivas (o exército do bosque) gustariame que o visedes e que me deran a súa opinion. Moitas grazas. Un saúdo
Aqui lles deixo o enlace ao videopoema. http://www.youtube.com/watch?v=JEQdXfSgBrc
Publicar un comentario