xa non era sen tempo... dende que falamos Mely máis eu de poñernos unha tarde a facer punto, choveu... vaia se choveu...
Empezamos con calceta pero axiña cambiamos a ganchillo, cadeneta e punto anano... Non está nada mal para ser o primeiro día.

Eu aprendín a facer oitos... non están mal para ser os primeiros, non si?
Agora ben... sodes quen de saber o que estou a facer...??? E non, non é un xersei.
Pois pretende ser un bolso, saquei a idea dunha foto que atopei aquí, a ver se dou... Agora vendo a foto, as cores da lá fan rombos, non me decatara, jeje!!

2 comentarios:

Tia Glória dijo...

Estão a ficar muito bem
Parabens
aprendeste depressa

...triz dijo...

co teu post decateime que era moi sinxelo, eso que xa tiña visto a miña nai... gracias