Adiviñades o que é?? siiiii! teño un mini forno!! vale, vale non é para botar foguetes pero algo é algo :D

Xa o estreei cun biscoito que estaba moi bo. Pasouse de tostado pero non chegou a queimado, o seguinte poñoo máis abaixo.

É moi cuco, case parece de xoguete, ocupa moi pouco. Ten tres funcións calor arriba, abaixo e nos dous. Tamén se pode activar o ventilador que distribue o aire quente de forma uniforme. 
Prometinlles ás nenas que esta tarde tocaba tarde reposteira. Nótase que estou encantada co meu novo xoguete? :D
Merqueino no Lidl, pasei e aínda quedaban da oferta da semana pasada, estaba agardando por min (jeje!), non chegou aos 40 €. A ver que tal sae...

2 comentarios:

Ana dijo...

Qué monada! Si dan ganas de estrenar juguete,si!

Merchy dijo...

Eu tamén o vin no Lidl, e acordeime de ti... Xa era tempo de ter un, non? Jejeje