mmm! Improvisando saiu isto. Polo que antes de que me esqueza vouno anotar aquí porque foi todo un éxito. Aldara ata comeu os champiñóns ;P

Ingredientes

1 cabaciño
1 lata de atún en aceite de oliva
1 pemento
1 cebola
1 lata de champiñóns
   salsa de tomate ou tomates frescos
   queixo de tetilla
   pementos de piquillo asados
2 culleradas de aceite de oliva
   sal

Cortar os cabaciños á metade e meter no microondas 4 minutos a potencia máxima a pel queda aínda consistente para poder collelo ben. Cunha culler retirar a pulpa do cabaciño e reservar para o recheo.
Agora, unha vez preparadas as barquiñas para o recheo, se se quere que queden máis feitas, poñer 4 minutos máis a potencia máxima no microondas. Como cada microondas é distinto estes tempos tamén poden variar, cuestión de ir probando ;)


Recheo

Picar a cebola e o pemento ben pequeno e sofritir na tixola co aceite. Cando estea a cebola transparente engadir o tomate, se son frescos deixar que se faga a salsa. Unha vez témola salsa, engadir a pulpa do cabaciño, o atún co seu aceite e os champiñóns. Remexer e deixar facer un pouco a lume baixo. Engadir o sal que se considere preciso.

Encher as barquiñas co recheo e poñer uns anaquiños de piquillo picado. Cubrir co queixo de tetilla e adornar con tiras de pemento.

Gratinar no grill durante dez minutos.

2 comentarios:

Fios e lás dijo...

Ten unha pinta bárbara!!

...triz dijo...

pois sabía moito mellor :D
teño desaproveitado o microodas e o grill, teño que experimentar máis con eles.