Para a neniña, é adaptado deste patrón acurteino e modifiquei a forma de abotoar, fíxeno completamente aberto por detrás para que fose máis doado de poñer. Teño que perfecionar a miña técnica de cosido de prendas que deixan o punto bobo cara o dereito, non se me da nada ben.

Os botonciños para lle poñer son dun tono malva-rosado que lle vai moi ben e agora vou tecerlle uns pantalonciños, e seguramente adapte este patrón.

Pero tamén ando con cousas grandes, aquí o comezo do Clapotis, patrón famoso en ravelry, 17028 proxectos neste mesmo intre. O patrón está publicado na revista Knitty.

4 comentarios:

Fios e lás dijo...

Nenaaaa, vas a fume!!!
Eu non che alcanzo

Romi-damelalata- dijo...

preciosa la chaquetita!
un beso

...triz dijo...

gracias romi!
Fíos veá anímate co clapotis :) é moi entretido

celiabe dijo...

Me encanyo su blog.Saludos Celia