O día 25 do mes pasado foi o segundo encontro de Lerias e enredos, desta vez en Lugo, pasámolo moi ben, como non de leria e enredando cos fíos... se é que temos un vicio... jeje!! O feito é que fixemos un pequeno intercambio eu tecín para martameiga un foulard con forma de ramallo coas súas follas e todo déixovos unha fotiño arriba. 
A lerianta  que lle tocaba sorprenderme a min, Mayukys (non puido ir por que se atopou mal acábame de envíarme o agasallo e aquí o está, unha preciosa madeixa de malabrigo lace, é moi, moi suave, e tamén coseu unha funda para agullas nas que xa puxen os meus ganchos. É unha pasada, ten un montón de petos e está confeccionada con telas africanas, a que vos gustaría botarlle a man?

2 comentarios:

Fios e lás dijo...

Moi bonitiño todo!!!

Anisor dijo...

A bolsa é unha pasada! E que práctica!