Día de chuvia...
Estas dúas fotos son da semana pasada, na casa da avoa... moita chuvia, pero así poidemos xogar un pouquiño... a miña avoa ensinoume como fía e ensineille como o fago eu. E si, o fuso da miña avoa é o que está de pé cun pouco de lá fiada por ela, seguro que xa vos tiñades dado conta...

Entre onte pola noite e hoxe fixen unha funda para a palm, a verdade é que a foto non vale moito pero bueno, para facerse unha idea... é sinxeliña e ó dono gustoulle
E o que hay aquí abaixo son os meus novos xoguetes, un pequeno pedido que fixen a forest fibres o domingo pasado e que chegou onte, rápido verdade? Un niddie nody, un fuso pequeno e varias lás para fiar, ah! si e unha ferramenta para medir os puntos por polgada e por cm, pero que no sae na foto.

0 comentarios: