Para que vexades que arte ten Aldara facéndome fotos...hehe!! o de non saí-la miña cara é cousa miña...


Acabei de tecer a chaqueta da tejijunta FLS Kal. Moi gratificante o de facer unha chaqueta eu soa "sen a axuda de mamá". Tivera unha expericia previa hai como uns... ¿dez anos? ¿pode ser?, hai que vella me estou a facer... pero a miña nai colaborou activamente, creo que ata colaborara a miña avoa.
Mañá irei na procura duns botóns que me gusten. Busco algo grande en madeira ou nácar, a ver que atopo. Admito suxerencias e doazóns de botóns, se alguén ten algún por aí que pensa que lle pode ir ben á chaqueta, pois doulle a miña dirección de correo, jeje!

Agora ando noutras leas, como comprobei que son quen de facer calados sen maiores problemas metinme a facer unha bufanda cun patrón que fai follas que saquei da mostra dun libro É un tecido máis complexo ca o da chaqueta pero non se me resiste. A ver que vos parece

1 comentarios:

Charytica dijo...

hOLA..LINDO BLOGG..YA TE SIGO, DICHOSA TEJES A DOS AGUJAS Y QUE BONITO TRABAJO, FELICIDADES..BEIJOS..TU AMIGA..DESDE COSTA RICA...CHARY.