de dous estupendos calcetíns, xa teño outro proxecto en marcha. En canto se vexa algo poño foto, ata fixen unhas agullas de madeira, quedaron algo rústicas, todo hai que dicilo, deberían estar máis pulidas porque enganchan un pouquiño a la, a ver se co uso melloran.
Pois ao que ía, os calcetíns quedaron un pouco grandes para min, asi que llos regalei a Isa, xa o pensara hai tempo, aínda antes de rematalos, pero era sorpresa, non o podia ir dicindo por aquí.
Os seguintes tentarei adaptalos ao meu pé, porque desta vez seguín o patrón ó pé da letra e quedaron algo frouxos e demasiado empeine para os meus peíños

2 comentarios:

wonderalice dijo...

Quedáronche moi ben. A ver cando fas para o resto da familia... je, je.

...triz dijo...

jeje!! polo de pronto estoulle a facer uns a Aldara, que como ten os pés máis pequenos acabarei antes... se queres facer uns pódoche asesorar...