Aprendín unha palabra nova en inglés, pincushion, e non só iso, agora tamén sei facelos.

Cosín os tres nesta tarde de lecer. Sónche ben sinxelos.

Agora xa non vou ter nunca máis ciscados os alfileres nin as agullas.

Ainda que pola posición non se aprecia o de cor azul é un morango, je! parece un tomatiño en miniatura...

Mañá vouno tentar cuns broches, a ver que tal...
ou se cadra cun adorniño para a cadea do chupete de Alia. Xa veremos...

0 comentarios: